Tag Archives: curtametraxe

As marxes (do fotograma)

Posted on by .

O que me trae de cabeza:

O mítico Title Safe do Avid.  Indica as marxes de seguridade que había que ter en conta á hora de montar (e tamén de filmar).  Estas guías tiñan a súa razón polos televisores «de tubo».

En Anacos aproveitamos o fotograma ata as marxes.  Ten que ser así debido á proposta.  E porque un non pode renunciar a compoñer a imaxe dunha maneira ideal pensando en se se vai reproducir cun DVD (maldito formato do século pasado) nun televisior de tubo.

2 new prizes!

Posted on by .

Seguimos coa racha de ir de dous en dous premios!
Este pasado fin de semana concedéronnos o premio á mellor fotografía e ao mellor actor no Festival Digital Internacional El Sector, en Madrid.

Alégrome moito por Vicente e tamén por Lucía C. Pan.  Teñen moita culpa de que Estereoscopía quedara como quedou.  Por certo, botádelle un ollo ao blog de Lucía!

Ademáis tamén nos seleccionaron no Leiden International Short Film Experience, en Holanda.  Somos os únicos representantes de España dentro da sección oficial, xunto con outras 34 curtametraxes internacionais.  Estamos moi contentos coa selección porque a categoría das curtas é moi boa (en especial recomendo «Los minutos, las horas» se a podedes atopar ou ver por algún lado, é unha curta preciosa).

Novas Seleccións

Posted on by .

Non hai moito tempo para actualizar esto… A ver se consigo facelo máis a miúdo.

Temos novas seleccións para Estereoscopía:

· Festival de Curtas de Sada

· Festival Internacional Curtocircuito, aquí en Santiago de Compostela,

· Festival Int. de Dénia. Festcurt.

a ver se seguimos así. 🙂