As marxes (do fotograma)

O que me trae de cabeza:

O mítico Title Safe do Avid.  Indica as marxes de seguridade que había que ter en conta á hora de montar (e tamén de filmar).  Estas guías tiñan a súa razón polos televisores «de tubo».

En Anacos aproveitamos o fotograma ata as marxes.  Ten que ser así debido á proposta.  E porque un non pode renunciar a compoñer a imaxe dunha maneira ideal pensando en se se vai reproducir cun DVD (maldito formato do século pasado) nun televisior de tubo.