2 new prizes!

Seguimos coa racha de ir de dous en dous premios!
Este pasado fin de semana concedéronnos o premio á mellor fotografía e ao mellor actor no Festival Digital Internacional El Sector, en Madrid.

Alégrome moito por Vicente e tamén por Lucía C. Pan.  Teñen moita culpa de que Estereoscopía quedara como quedou.  Por certo, botádelle un ollo ao blog de Lucía!

Ademáis tamén nos seleccionaron no Leiden International Short Film Experience, en Holanda.  Somos os únicos representantes de España dentro da sección oficial, xunto con outras 34 curtametraxes internacionais.  Estamos moi contentos coa selección porque a categoría das curtas é moi boa (en especial recomendo «Los minutos, las horas» se a podedes atopar ou ver por algún lado, é unha curta preciosa).