Tag Archives: Vicente de Souza

2 new prizes!

Posted on by .

Seguimos coa racha de ir de dous en dous premios!
Este pasado fin de semana concedéronnos o premio á mellor fotografía e ao mellor actor no Festival Digital Internacional El Sector, en Madrid.

Alégrome moito por Vicente e tamén por Lucía C. Pan.  Teñen moita culpa de que Estereoscopía quedara como quedou.  Por certo, botádelle un ollo ao blog de Lucía!

Ademáis tamén nos seleccionaron no Leiden International Short Film Experience, en Holanda.  Somos os únicos representantes de España dentro da sección oficial, xunto con outras 34 curtametraxes internacionais.  Estamos moi contentos coa selección porque a categoría das curtas é moi boa (en especial recomendo «Los minutos, las horas» se a podedes atopar ou ver por algún lado, é unha curta preciosa).

Yes, we Cans!!!

Posted on by .

Esta pasada fin de semana tivemos o enorme pracer de asistir ao imperdible festival de Cans! no Porriño. Unha experiencia única e moi recomendable.

O ambiente que alí se respira é o máis próximo á ledicia colectiva.  Cans é o oposto a o que narramos en Estereoscopía: é contacto, bicos, abrazos, colectivo, sorrisos, …


Ademais o xurado tivo a ben concedernos dous premios:

· Mellor curta de ficción
· Mellor Actor para Vicente de Souza


Na foto xa se ve a nosa cara de ledicia! e cos dous canciños de pedra!

Xa somos fillos de Cans.

P.D: Parece ser que o festival de Cans é un dos trinta festivais que dan acceso aos Goya do próximo ano!!!