Subvención para Estereoscopía

Parece ser que o proxecto gustou!  Sabiamos que ía ben defendido, que era un proxecto moi sólido, ben pensado, e que tiña posibilidades.  Pero tamén sabes que hai moita máis xente, moitos máis proxectos moi válidos, e moitas máis ideas mellores que a túa.

É ilusionante, por suposto, que che recoñezan que o proxecto ten posibilidades.  Pero lonxe de alegrarme, poñerme a saltar, ou celebralo como deus manda, a mín o que me sucede é unha sensación de responsabilidade.  Quedo mudo.

A subvención para mín é, ante todo, unha responsabilidade.  Confían no proxecto, confían en tí.  E hai que facelo ben, senón serán cartos malgastados.  E as oportunidades non é que sobren nestes tempos de crise.

Estamos xa coas probas de cámara, planificando, GT’s, etc.  E pronto comezaremos a poñermos man á obra.  Vai ser unah rodaxe ben longa….