Os actos e as profecías

Algunhas anotacións sobre
Os actos e as profecías

I

Tomando o monólogo do Faquir:

A trama é un estorbo. Unha escusa.
Unha escusa para crear un espazo de xogo futuro.
Para crear, no despois, un aquí e agora.
Escribir pensando nese momento.
O texto, a peripecia, non pode esquecerse de deixarlle espazo ao xogo.
Xogar. Se non para que?
Que chegue a obra.
Que será mellor.
Ou polo menos distinta.

II

Escribir para que teña sentido 20 intérpretes.
Tratar de conseguir: “Ah claro, encaixa. Con menos era imposible facelo así.”

O talent show coma ámbito. Traballar con conceptos como individuo vs colectivo, o diverso, o único, a repetición, o lúdico, o grupo/soidade, crear un centro físico e emocional máis evidente. Xogar a pór e quitarlle electróns aos átomos.

III

Vivos e mortos.
Débedas pendentes.

En “Estereoscopía”, alá polo 2011, apareceu un rapaz na rodaxe no hospital da Rosaleda en Santiago. Necesitabamos extras e apareceu co seu sorriso e ollos profundos. Óliver fíxolle unha escaiola por toda a perna esquerda. Tardou 1h de reloxo en facerlla. Puxémolo nunha cadeira de rodas. Aparece menos dun segundo na peza.

Seguímonos vendo varios anos ata que nos perdimos.

Logo volveu.
Volveu coma un golpe seco.

“Na noite non hai rezo posíbel, todo fica de aquí.
Mais se aínda arde é que hai luz”.
Fran Cortegoso.